Blog BibliotecaCOLEDECEA

BIBLIOTECA DO COLE CEA

BLOG DA BIBLIOTECA DO COLE CEA

A VILA DE TUI

Escrito por BibliotecaCOLEDECEA 25-05-2016 en A VILA DE TUI. Comentarios (0)

Tui é un municipio español situado na parte oriental da comarca do Baixo Miño (provincia de Pontevedra). Nela está unha das catedrais máis famosas de Galicia, a Catedral de Santa María de Tui e a ponte Internacional de Tui.

Historia: A zona de Tui foi habitada dende tempos prehistóricos, proba delo son os xacementos encontrados durante a construción da autovía Vigo-Tui, xusto no límite con Porriño, datados no paleolítico inferior e que no seu momento foron os máis antigos de Galicia.

  • Foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia.

  • É sede episcopal da Diocese de Tui-Vigo.

    


 Símbolo de Tui

Sobre a orixe do escudo de Tui hai diferentes teorías:

Segundo a antiga tradición recollida polo historiador tudense Francisco de Ávila é A cova "O blasón” co que se distingue e ostenta a gloria e nobreza desta cidade dende tempos remotos. Nun escudo de campo azul celeste dividido pola metade de arriba abaixo. Na primeira metade unha media lúa de prata cara abaixo coas puntas cara dentro, na segunda metade tres estrelas de ouro postas en fila de arriba abaixo, e timbrado o escudo coa coroa Real, tamén de ouro.


PONTE INTERNACIONAL DE TUI

Escrito por BibliotecaCOLEDECEA 25-05-2016 en PONTE DE TUI. Comentarios (0)

Ponte Internacional de Tui


A Ponte Internacional de Tui e unha ponte, situada entre as localidades de Tui, na provincia de Pontevedra, España e Valença do Miño en Portugal, unindo os dous márxenes do Río Miño.

Historia: A pesar de que existe a lenda de que se trata dun diseño de Gustave Eiffel ou de un dos discípulos, a ponte foi diseñado polo enxeneiro diputado riojano Pelayo Mancebo e Ágreda, sendo inaugurado oficialmente o 25 de marzo de 1886, casi un ano e medio despois da sua entrada en servizo.

Quizáis a sua maior singularidade técnica radica no seu triple uso, carretero, ferroviario e peatonal, una característica pouco común nas pontes da época. Ademáis, enlaza dous ciudades separadas polo Río Miño, que presentan una historia repleta de disputas de tipo militar.











Catedral de Tui

Escrito por BibliotecaCOLEDECEA 18-05-2016 en Camiño de Santiago. Comentarios (0)

CATEDRAL DE SANTA MARÍA DE TUI


A catedral de Santa María de Tui atópase na provincia de Pontevedra, na cidade de Tui pola que pasa o río Miño. Dende 1959 pertence a Diócesis de Tui-Vigo. A catedral e o máximo expoñente artístico da cidade de Tui, atópase na parte maís elevada na cidade nun castro (Tude) sobre unha colina.

A súa construcción iniciouse en 1120 e finalizou en 1180 en pleno estilo da arquitectura románica. Como sucedeu na maioría das catedrais, tivo reformas importantes noutras épocas, principalmente en estilo gótico, que entre outras cousas, realizáronse na fachada principal datada aproximadamente do ano 1225.

Crese que tomou o modelo da catedral de Santiago de Compostela, con xirola e transepto de tres naves. O estilo inicial é románico, con una extraordinaria riqueza.


CAMIÑO PORTUGUÉS: ETAPA PONTE INTERNACIONAL - TUI.

Escrito por BibliotecaCOLEDECEA 18-05-2016 en Camiño de Santiago. Comentarios (0)

O Camiño Portugués deixa Portugal en Valença e entra en España pola Ponte Internacional sobre o río Miño, inaugurado en marzo de 1886. A ponte ten influencias dos deseños do francés Gustave Eiffel.

A pasarela lateral é un excelente miradoiro da cidade de Tui, herdeira dunha das mansios da vía romana XIX que unía Braga con Lugo e Astorga.

Os primeiros compases lévannos xunto ao Centro de Cooperación Policial e Aduaneira para continuar de fronte polas avenidas de Portugal e Galicia.


CASTRO DE SANTA TEGRA

Escrito por BibliotecaCOLEDECEA 18-05-2016 en santa tegra. Comentarios (0)

O castro de Santa Tegra é un castro galaico. Lugar arqueolóxico que se encontra no contorno do monte de Santa Tegra, a 341 metros de altitude, no extremo máis sudoccidental de Galicia, no municipio de A Guarda (Pontevedra).

É un lugar privilexiado dende o que se domina todo o contorno das desembocaduras do Miño. Pertence a cultura castrexa, o máis emblemático e visitado dos castros galegos.

Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931-2, tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural. En varias das rochas do monte encóntranse petróglifos elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, polo que, según a tese mantida por Antonio da Peña Santos, director das últimas campañas de excavacions sistemáticas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre os siglos I a.C., o pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o siglo I d.C., e a partir dese momento comenzou un lento proceso de abandono, que ben puido ser interrumpido con reocupacions esporádicas na época tardorromana.